Tres anos de condena por posesión de billetes falsos e querer introducilos no mercado

Os maxistrados, por uns feitos que se remontan a marzo de 2016, consideran probado que o acusado os posuía "coa intención de introducilos no mercado".

Por E.P. | A CORUÑA | 22/12/2021 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos de prisión e ao pago dunha multa de 2.000 euros a un home que portaba billetes falsos, segundo informael Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O tribunal, que o considerou culpable dun delito de tenencia de moeda falsa, indica na sentenza que o sospeitoso foi descuberto tras tentar pagar unha consumición nun bar da Coruña cun billete falso.

O condenado gardaba no interior dunha mochila que gardaba en consígnaa da estación de autobuses 127 billetes falsos de cincuenta euros, os cales, a primeira ollada, segundo o tribunal, "podían confundirse con outros lexítimos, de maneira que resultaban perigosos para o tráfico pola posibilidade de incorporarse a el".

Os maxistrados, por uns feitos que se remontan a marzo de 2016, consideran probado que o acusado os posuía "coa intención de introducilos no mercado".

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta