Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/12/2021 | Actualizada ás 13:03
A Asociación de Tropa y Marinería Española (ATME) vén de trasladar ao Goberno central unha serie de preguntas para coñecer baixo que condicións os rastrexadores militares "volverán ás comunidades polo Nadal". O obxectivo é informarse sobre as súas retribucións e requerir que as comunidades desembolsen "algunha cantidade" polos seus servizos.
Segundo destaca a asociación, os militares asumen os labores encomendados se están "debidamente preparados e formados" pero, aseguran, non se debe ignorar que os militares da escala de tropa e mariñería que reclaman as autonomías son "os peor retribuídos da Administración Xeral do Estado e os que teñen un maior nivel de temporalidade". Tal e como indican, serán estes militares os que teñan que asumir os labores adicionais.
As comunidades autónomas están a facer provisión de rastrexadores para facer fronte ao aumento de contaxios, informa a ATME. E así, aos rastrexadores que xa están actualmente a realizar as súas funcións, sumaranse aqueles que vaian solicitando adicionalmente as autonomías, como os 60 militares de incremento solicitados por Castela-León o día 21 con obxecto de reforzar a rede de trazabilidade e seguimento da Covid. Así mesmo, no
día de onte, o presidente do Goberno central propuxo reforzar os dispositivos de vacinación con equipos das Forzas Armadas, así como poñer á súa disposición hospitais da Rede Sanitaria Militar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.