Denuncian que o centro penitenciario da Lama volve a vulnerar os dereitos que teñen os presos

A prisión da Lama volve prohibir o dereito das persoas presas de estar en contacto coas persoas de fóra, familiares e amigos, suprimindo os vis a vis.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/12/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

"A pandemia non pode ser excusa para negarnos unha é outra vez o dereito das persoas presas ao contacto con nós, familiares e amigos que estamos fóra, recollido no Art.25 da Constitución Española e no Art.45 do Regulamento penitenciario", comezan explicando un grupo de familias de persoas presas do colectivo Abaixo os Muros.

Prisión da Lama, en Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo
Prisión da Lama, en Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo

Unha vez máis e sen notificación oficial na que se refira á lei ou real decreto que ampara estas decisións, a prisión da Lama, presidida por Teresa Delgado, volve prohibir abrazar aos presos (até no Nadal, datas sinaladas e ademais para moitos son vacacións escolares ou laborais co que é máis doado organizarse).

Desde a coordinadora Abaixo os muros queren denunciar publicamente unha vez o que consideran "gravísima vulneración de dereitos".   "Porque as pcr non serven para entrar a ver a un familiar?; Cal é a lei ou real decreto ao que se acollen para tomar esta decisión ?; e Porque se condena a un preso a estar illado cinco-dez días cunha soa saída de oito minutos ao día ?", pregúntanse.

Abaixo os Muros iniciará nos vindeiros días varias accións de protesta e denuncia. A primeira delas, unha campaña de chamadas ao centro penitenciario da Lama o día 31 de decembro para pedir explicacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta