Por Europa Press / Redacción | Ourense | 12/01/2022 | Actualizada ás 19:36
A cantante Marta Sánchez actuará o 5 de marzo en Ourense, no Auditorio Municipal, como peche do Entroido 2022, nun concerto organizado polo Concello.
Segundo informa o Concello, será un concerto "íntimo" con prezos de 12 euros por entrada.
O concerto forma parte da xira 'A solas con Marta', cunha banda reducida e formato acústico con coros e piano. Na súa actuación en Ourense repasará os grandes éxitos da súa carreira.
Sánchez suma 35 anos de traxectoria profesional na música desde que entrou a formar parte da banda Olé Olé como vocalista nos anos oitenta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.