Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/01/2022 | Actualizada ás 19:55
A serie 'Motel Valkirias', unha coprodución galego-portuguesa, comezou a súa rodaxe este luns no municipio de Teo, no set instalado no Hotel Congreso.
Este 'dramedia' con toques de thriller centra a súa acción nun pintoresco motel de estrada situado na fronteira entre Galicia e Portugal. A empresa compostelá CTV foi adxudicataria dunha subvención de 250.000 euros por parte da Consellería de Cultura para esta coprodución xunto á portuguesa SPi.
É unha serie creada por Ghaleb Jaber Martínez e escrita con Patrícia Müller. Está dirixida por Álex Sampaio e Jorge Queiroga, e distribuida por Onza Distribution. E stá protagonizada por María Mera, Maria João Bastos, Marina Mota e Chechu Salgado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.