Absolto o artista galego que pintou unha pomba e escribiu "liberdade" sobre a tumba de Franco

A decisión prodúcese en contra do criterio da Fiscalía, que pedía un ano de cárcere por "interromper nun acto relixioso".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2022 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Madrid absolveu ao escultor galego Enrique Tenreiro dos delitos contra a liberdade de conciencia e de actos de profanación e danos na tumba do ditador Francisco Franco na Basílica do Valle de los Caídos, na que o 31 de outubro en 2018 pintou unha pomba da paz con pintura vermella e escribiu a palabra "liberdade".

O artista coruñés realizou esta "performance" na véspera do día de defuntos pola reconciliación dos españois, lembrando que nin Benito Mussolini nin Adolf Hitler gardan sepultura en lugares públicos e que o féretro do ditador estaba "fóra de lugar" nun mausoleo "pagado por todos", segundo explicou durante o xuízo.

Este acto produciuse no medio do debate que se xerou na sociedade ante a exhumación dos restos do ditador, que finalmente foi trasladado en outubro de 2019 ao cemiterio de Mingorrubio, situado no Pardo. A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Madrid acordou a súa absolución en contra do criterio do fiscal, que solicitaba un ano de cárcere por un delito contra a liberdade de conciencia por interromper un acto relixioso. A Asociación para a Defensa do Valle de los Caídos solicitou dous anos e medio de cárcere ao incluír un delito de profanación na acusación.

O escultor defendeu durante o xuízo que se tratou dunha acción de protesta e alegou realizou a pintada a fume de carozo ao decatarse de que se ía a celebrar unha misa ao "ver uns curas", algo que descoñecía. Segundo alegou, comprou unha entrada para a Basílica pero descoñecía que se ía a producir unha misa.

Na gravación do día que ocorreron os feitos obsérvase como Tenreiro sitúase fronte á lápida e tras apartar as flores sobre a tumba de Franco debuxa con pintura vermella unha pomba da paz coa lema 'Pola liberdade'. Ao ser detido por membros de seguridade, gritou "pola liberdade e a reconciliación dos españois, para que non haxa ningún bando vencido". Tras ser reprendido polos visitantes da Basílica, o home respondeu: "Non estou en contra da unidade de España, pero Franco matou a moitísima xente".

Segundo o seu relato, non realizaría esta pintada nunha lápida calquera pero na do ditador estaba xustificado. "Nesta liña, subliñou que non o fixo en "unha lápida calquera" pero si na de Franco porque estaba xustificado. ""É lícito ter enterrado a un ditador que quitou a liberdade a varias xeracións e que contribuíu a causa unha guerra? Parecíame que esa tumba estaba fóra de lugar", alegou no xuízo.

A Fiscalía incidiu durante o xuízo en que a acción se desenvolveu con "evidente desprezo cara aos sentimentos relixiosos dos presentes e amparándose na súa concepción socio-política da sociedade" e ademais tivo lugar "mentres os nenos da Escolanía estaban a acceder ao Coro e os sacerdotes celebrantes da Eucaristía dirixíanse ao Altar Maior". Os danos económicos desta acción, segundo a documentación presentada pola Delegación de Patrimonio Nacional do Real Sitio de San Lorenzo del Escorial, ascenderon a 510 euros por labores de limpeza da pintada e devolución de entradas.

Tenreiro, de 52 anos, ten formación en técnicas de escultura e entre 1999 e 2004 estivo enrolado na escola Pablo Picasso de escultura da Coruña, aínda que a maioría de material na súa páxina web corresponde a distintas performances que veu realizando os últimos anos. O escultor paseou pola praza de María Pita a peito aberto e cunha gran cruz ás súas costas, simbolizando o calvario. Con esta acción o creador quixo denunciar "a cruz" que supón a Cidade da Cultura "para a cultura en Galicia".

Ese mesmo ano noutra 'performance' no centro de Nova York sacou unha toalla e un bañador e deitouse sobre o asfalto. En varias das súas esculturas e accións Tenreiro critica o papel da monarquía, e refírese a os Borbóns como bombóns. Na súa páxina web pódese visualizar as performances 'Demasiados bombóns para este réxime" e 'A Coroa dos Bombóns polos chans'. O escultor provén dunha saga de artistas, entre os que destacan Antonio Tenreiro (1923-2006), un dos grandes artistas contemporáneos galegos e Jaime Tenreiro (1955-2018), que destacou como artista de vangarda.

Enrique Tenreiro pinta na tumba de Franco
Enrique Tenreiro pinta na tumba de Franco | Fonte: Youtube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Riuriu

Seguro que de hacer lo mismo sobre la tumba de Castelao los progres lo iban a a apoyar...

1 Sentidiño

Castelao e Franco son equiparábeis. Todo o mundo sabe que o escritor, pintor e político foi responsábel das mesmas accións que o ditador: 160.000 vítimas mortais entre 1936 e 1945; máis de 2.000 fosas comúns e máis de 100.000 desaparecidos; 600.000 procesados ​​por xulgados militares (sen contar os executados); en 1940, máis de 20.000 presos políticos; 150.000 exiliados permanentes; Polos campos de exterminio nazis pasaron 9.000 cidadáns, dos cales 5.000 nunca regresaron; outros milleiros que pasaron polos campos de concentración que se abriron por todo o territorio e milleiros de persoas que viron como os vencedores roubaron os seus bens...

2 Riuriu

Castelao fue un tipo siniestro, amigo de pucherazos, y de palizas al adversario, que no se cortó para citar como referente en su Sempre en Galiza a un genocida. como Stalin que asesinó a decenas de millones de personas. Castelao fue un político que apoyó a un Frente Popular que asesinó a decenas de miles de personas por ir a misa, llevar un hábito religioso, leer el ABC, o simplemente pensar distinto. Por fortuna el Frente Popular, cuyo referente era precísamente la Unión Soviética, no ganó la guerra, entre otras cosas porque la inmensa mayoría de los gallegos de la época no lo quisieron. De haber ganado la guerra civil la bestia comunista cualquiera de los crímenes cometidos que señalas, se habrían multiplicado por diez, porque es lo que hicieron los comunistas de todas las épocas donde quiera que gobernaron.

1 Arteixá

Imos cara atrás. Sistema xudicial cheo de linaxes fachas