Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2022 | Actualizada ás 14:24
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves, 20 de xaneiro, en Santiago (20,00 horas, Salón Teatro) a versión teatral de Cándido Pazó da novela 'A peste', de Albert Camus, como unha "metáfora" da pandemia.
En rolda de prensa este martes na propia escenografía creada por Dani Trillo, Pazó lembra que Camus escribiu esta obra literaria como unha "gran metáfora" da "inmensísima desastre" da Segunda Guerra Mundial, pero agora, "como todo texto que se converte nun clásico", falará do que "os espectadores queiran entender". "Segue sendo unha grandísima metáfora e así é como tratamos nós esta proposta", deixa claro. E é que indica que é unha "alegoría de grandes hecatombes".
Admite que se enfrontou a un "monumental reto" para a adaptación, pero defende que para iso existe "un teatro institucional" como o CDG. De feito, a duración da obra é de case dúas horas e media --con descanso de dez minutos--, dado que foi "absolutamente incapaz" de facela de menor duración. Con todo, asegura que é unha montaxe "amena". O dramaturgo sostén que foron "moi libres" á hora de encarar a versión teatral, aínda que "ao mesmo tempo moi fieis "á súa "esencia", ao incluír as reflexións filosóficas de Camus.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.