Mobilizacións dos empregados de Redecnor para reclamar "débedas pendentes"

Denuncian "flagrantes incumprimentos da lexislación laboral e dos seus deberes diante da Seguridade Social" por parte da empresa.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/01/2022 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

Traballadores e extraballadores da construtora Redecnor, radicada no polígono coruñés de Alvedro, acordaron iniciar accións para reclamar o pago de "débedas pendentes", segundo informa a CIG.

Nun comunicado, a central sindical denuncia "flagrantes incumprimentos da lexislación laboral e dos seus deberes diante da Seguridade Social" por parte da empresa.

Ademais, indica que un grupo de traballadores decidiu, en asemblea, iniciar accións para reclamar "a débeda pendente". A central nacionalista cifra en máis dunha ducia as denuncias de traballadores e ex traballadores.

"Pola falta de pagamentos e incumprimentos aos que foron sometidos por esta sociedade e consta que os prexudicados son moitísimos máis", asegura apuntando a persoas que, nalgúns casos, non teñen permiso de traballo "e ven obrigados a aceptar os abusos para conservar a residencia no noso país". O sindicato insta, ademais, á Inspección de Traballo a actuar.

Edificio en construción - Arquivo
Edificio en construción - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta