Un incendio nunha corte lindeira a unha casa na Baña causa importantes danos na corte, pero non houbo feridos

Había gran cantidade de leña acumulada no interior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2022 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Un incendio orixinado nunha cuadra lindeira a unha casa no municipio coruñés da Baña este mércores causou importantes danos na corte, pero ningunha persoa resultou ferida nin afectada.

Segundo informou o 112 Galicia, no interior da cuadra había unha caldeira, apeiros de labranza e un tractor, que arderon por completo. Ademais, o teito da construción quedou destruído e caeu.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia uns minutos despois das 00,45 horas deste mércores para alertar do incendio. Tras iso, os xestores do CIAE solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Xallas e da Garda Civil.

Os Bombeiros de Santa Comba traballaron arreo para sufocar o incendio e tamén levaron a cabo tarefas de rebo por mor da gran cantidade de leña acumulada no interior da corte, apuntaron as mesmas fontes.

Os bombeiros traballan nun operativo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Os bombeiros traballan nun operativo. CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta