A selección española de fútbol regresa a Galicia catro anos despois

O último partido da selección tivo lugar en Balaídos en novembro de 2018 contra o combinado alemán que se saldou cun resultado de 0-1.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/01/2022 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

O combinado dirixido por Luís Enrique medirase con Islandia nun partido amigable, protagonizando o regreso da selección española a Galicia, onde xogou por última vez en novembro de 2018, con Alemaña como rival e Balaídos como sede. Nesa ocasión a vitoria favoreceu ao conxunto alemán (0-1).

Estadio Abanca Riazor na Coruña
Estadio Abanca Riazor na Coruña | Fonte: RCDeportivo

Para os dous encontros da absoluta no mes de marzo, ambos de carácter amigable, a RFEF elixiu dous destinos pouco habituais. O día 26, España xogará en Barcelona por primeira vez en 18 anos. Enfrontarase a Albania no RCDE Stadium, o campo do Español.

Tres días despois da súa visita a terras catalás, o combinado nacional percorrerá a península de leste a oeste para xogar en Riazor. Na habitual casa do Deportivo, España enfrontarase a Islandia. Os 'viquingos', que causaron sensación na Eurocopa 2016 eliminando a Inglaterra e chegando aos cuartos de final, quedaron fóra da última cita continental.

O último precedente da Selección Española en Riazor foi no ano 2009, nun partido de clasificación para o Mundial de 2010 e que rematou cunha goleada (5-0) ante Bélxica. O equipo dirixido por Vicente del Bosque realizou un dos seus mellores partidos antes de poñer rumbo a Sudáfrica, onde conseguiu o primeiro Mundial da súa historia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta