Por E.P. | OURENSE | 20/01/2022 | Actualizada ás 21:02
Desde este xoves, día 20 de xaneiro, ata o próximo 13 de marzo o Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición 'Oxímoron. A árbore da vida', do escultor galego Álvaro de la Vega.
Na mostra, tal e como sinalou a Deputación de Ourense nun comunicado, o artista fai un relato sobre temas recorrentes e universais da vida cotiá a través de 375 figuras humanas realizadas no seu material preferido: a madeira.
A exposición, coa que o escultor volve mostrar a súa obra en Ourense tras unha longa paréntese, foi inaugurada na tarde deste xoves coa presenza do propio artista, acompañado pola deputada de Cultura, Patricia Torres, e o director do Centro Cultural, Francisco González.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.