Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 17:31
O Observatorio Galego da Familia e a Infancia incorpora ao Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef), unha entidade singular na protección dos dereitos da infancia.
Este órgano colexiado, que se modifica agora con esta incorporación --publicada en e DOG este martes-- creouse en 2019 co obxectivo de asesorar, apoiar, analizar, estudar e propor actuacións nesta materia.
Tal e como explica Política Social, o Goberno galego puxo en marcha este observatorio para contar con todas as perspectivas posibles das necesidades das familias galegas e continuar avanzando nas políticas adecuadas. Coa inclusión de Unicef, a Xunta segue reforzando un ente que actúa na protección da infancia e no apoio aos gobernos e á sociedade civil para aplicar a Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos do neno e outras normas internacionanles.
Ademais, a axencia internacional colabora coas administracións co fin de facer efectivos, entre outros, os obxectivos da Axenda 2030. Como organismo internacional, Unicef dedícase, principalmente, aos nenos, contribuíndo de forma "eficaz" á loita contra a pobreza mediante labores de promoción e o establecemento de alianzas orientadas á supervivencia, o desenvolvemento e a protección da infancia.
Un dos seus obxectivos é garantir o fiel cumprimento dos dereitos da infancia, proporcionando a todos os nenos do mundo alimentos, vestimenta, atención médica, vacúas e tratando de satisfacer as súas necesidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.