Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2022 | Actualizada ás 14:15
Renfe ampliou ata o próximo 15 de febreiro o prazo para que os seus clientes poidan cambiar os billetes sen gasto nos trens AVE, Longa Distancia, Avant e Media Distancia, debido á elevada taxa de contaxios por covid-19. A operadora activou esta medida co inicio da pandemia e supuxo a devolución aos viaxeiros dun total de 2,57 millóns de billetes cun valor de 97,5 millóns de euros, pola declaración do estado de alarma e as restricións á mobilidade derivadas da crise sanitaria.
No entanto, nesta ocasión, só o cambio será gratuíto mentres que as anulacións terán os correspondente cargos vinculados á tarifa de billete adquirida. Só na tarifa 'Prémium' será gratuíta a cancelación, fronte á recarga do 5%habitual. Por iso, a compañía recomenda incluír o extra de cambios ou anulacións, que actúa como un seguro ante imprevistos, ao adquirir un billete 'Básico'. Outra opción é comprar un billete 'Elixe' ou 'Prémium', que si contemplan cambios e devolucións máis flexibles.
Ante a alta taxa de contagios por Ómicron, Renfe tamén ampliou temporalmente a caducidade dos títulos multiviaje Avant, Abono Cartón Plus e Cartón Plus 10 ata o 30 de xuño de 2022, unha medida que xa se activou en outubro de 2020 e volve rescatarse agora. Renfe lembra que mantén os procedementos de limpeza e desinfección de todos os trens, que foron recoñecidos cos certificados Aenor e SGS fronte ao Covid-19 para o transporte de viaxeiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.