Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2022 | Actualizada ás 14:50
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, manifestou o seu apoio ao seu homólogo no municipio de Pontedeume, Bernardo Fernández, nas primarias que o medirán este domingo á exconcejlleira do goberno santiagués e agora deputada no Parlamento galego, Noa Díaz.
Cuestionado sobre o proceso interno que culminará coas votacións deste 30 de xaneiro, o rexedor santiagués manifestou que o seu apoio a Bernardo Fernández está decidido "desde o minuto un".
"Creo que é a mellor opción para que o PSOE nas municipais de 2023 estea nas mellores condicións para manter a deputación e as alcaldías e, mesmo, amplialas", remarcou o alcalde compostelán, aliñado co actual secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, valedor da candidatura de Bernardo Fernández para sucedelo na secretaría provincial.
Para Bugallo, o alcalde de Pontedeume é unha opción "máis madura e adecuada" para dirixir o PSOE coruñés fronte á outra candidata, Noa Díaz, quen ocupou responsabilidades no primeiro ano de goberno de Bugallo no seu regreso á Alcaldía compostelá.
"Noa (Díaz) é unha persoa pola que sinto moito aprecio, pero non a vexo aínda como secretaria provincial", apuntou Bugallo antes de sinalar que "desde o punto da vista de simpatía", ambos os candidatos "están empatados".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.