Caída dos casos positivos en colexios por terceira semana e tamén baixa o número de aulas pechadas

Así as cousas, o parte facilitado recolle que hai un total de 8.950 casos positivos vinculados á comunidade educativa galega e 126 aulas pechadas (fronte ás 128 da semana anterior).

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/02/2022 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

Os casos positivos asociados aos centros educativos galegos --que abarcan desde os 3 anos á Formación Profesional-- caeron por terceira semana consecutiva e sitúase este mércores 2 de febreiro en 8.950, 305 menos que a semana anterior (cando se contabilizaron 9.258).

Ademais, o número de aulas pechadas, que a semana pasada experimentara unha subida significativa ao duplicarse, empezaron a experimentar un descenso, tanto en centros educativos como en escolas infantís.

Os datos facilitados a través da Consellería de Sanidade non especifica agora o número de casos vinculado a cada colexio, nin sequera por cidades de Galicia, co que unicamente se informa do total de casos positivos por área sanitaria, que, por exemplo, no caso de Lugo e Ourense corresponde aos de toda a provincia.

Así as cousas, o parte facilitado recolle que hai un total de 8.950 casos positivos vinculados á comunidade educativa galega e 126 aulas pechadas (fronte ás 128 da semana anterior).

No caso das escolas infantís (de 0 a 3 anos), os positivos asociados soben lixeiramente, ao pasar de 469 a 530 (61 máis), pero hai un descenso de máis do 50 por cento no número de aulas, ao baixar a oito fronte ás 17 da semana anterior, o que significa que eses casos vinculados non propiciaron máis de catro casos acumulados por aula ou unidade de comedor (os positivos da comunidade que se producen fóra do ámbito escolar tamén se suman ao cómputo).

POR ÁREAS SANITARIAS

Se temos en conta os casos en colexios por áreas sanitarias, Vigo a máis afectada, con 2.126 (fronte a 2.298) e 43 aulas pechadas; seguida da Coruña, con 2.023 (fronte a 1.899, sobe) e 37 aulas pechadas (máis do dobre que a semana anterior, con 16 aulas) pechadas; e Santiago-Barbanza, con 1.598 casos (fronte aos 1.491 positivos da semana anterior, sobe) e 31 aulas pechadas (seis máis).

Polo seu lado, a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés contabiliza 1.090 positivos (fronte aos 1.209 da semana anterior) e 9 aulas pechadas (sete menos); Ourense ten 874 casos (fronte a 988) e 2 aulas pechadas (un descenso significativo, fronte ás 14 aulas da semana anterior; Lugo con 824 casos (fronte a 909) e sen aulas afectadas (a semana anterior si tiña); e Ferrol 415 casos activos (fronte a 464) e catro aulas pechadas (unha menos).

ESCOLAS INFANTÍS

Nas escolas infantís, a área da Coruña é a máis afectada, con 142 casos e cinco aulas pechadas. Vigo sitúase como a segunda, ao contabilizar 119 positivos vinculados a escolas infantís e dúas aulas pechadas.

Ademais, a área de Pontevedra-O Salnés ten 76 casos positivos e unha aula pechada; e o resto non teñen aulas afectadas: Santiago-Barbanza 73 casos; Ourense 48 casos; Ferrol, 38; e Lugo 34 positivos.

Un neno xoga nunha escola infantil / Xunta de Galicia. / Europa Press
Un neno xoga nunha escola infantil / Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta