Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/02/2022 | Actualizada ás 10:07
Efectivos da Garda Civil detiveron sobre as 0,30 horas deste xoves a Alfredo Sánchez Chacón, coñecido popularmente como o 'Rambo' galego, un apresamento que foi posible grazas á colaboración cidadá.
A súa detención produciuse na parroquia de Loira, no municipio coruñés de Valdoviño. O fuxido tentou entrar por unha xanela nunha vivenda do lugar do Calvario, pero foi descuberto e perseguido por dous homes, que lograron apresalo e inmobilizalo no Cruceiro, ata a chegada da Garda Civil.
Sánchez Chacón era buscado desde marzo do pasado ano despois de que non regresase ao cárcere na que estaba a cumprir condena, a de Monterroso, en Lugo, tras un permiso penal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.