Agresión grupal a unha parella de madrugada en Noia

Unha das vítimas afirmou "non coñecer de nada" aos agresores e tratou de afastarse, pero golpeárono na "cabeza e o peito".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2025 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A Garda Civil confirmou que investiga no municipio coruñés de Noia unha agresión grupal a unha parella na madrugada do pasado domingo no paseo marítimo da localidade. Segundo trasladou unha das vítimas consultada por Europa Press, os feitos sucederon sobre as 02.00 horas do domingo mentres camiñaban polo paseo marítimo, tras saír de xogar aos dardos, á altura da cafetaría da estación de autobuses.

Foi nese momento, segundo o mesmo testemuño, cando un grupo de oito novos comezaron a gritar á parella. Unha das vítimas afirmou "non coñecer de nada" aos agresores e tratou de afastarse, pero golpeárono na "cabeza e o peito". A mesma vítima explicou que tentou defenderse "cun spray pementa que portaba por motivos de protección" e afirmou que a súa parella tamén foi agredida cando "tentaba defendelo". As dúas persoas agredidas foron trasladadas ao PAC de Noia.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta