Os aeroxeradores de exportación deixarán de saír polo porto de Ferrol se non rematan as obras da A-6 no Cebreiro

A patronal eólica di que o transporte de compoñentes podería desviarse ao porto de Santander se non se buscan solucións para os transportistas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2022 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A Asociación Eólica de Galicia (EGA) reclamou ao Goberno estatal solucións para os transportistas que circulan con compoñentes eólicos e que ven afectados as obras de rehabilitación na A-6 ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro.

Nun comunicado, a patronal eólica incide en que as restricións que se producen na zona impacta á actividade do sector, dado que é a ruta pola que transcorren transportes especiais que trasladan aeroxeradores ao porto de Ferrol para a súa exportación.

"Estas restricións poden provocar que a saída ao mar se faga polo porto de Santander, co consecuente prexuízo para a rada galega. Débese actuar coa máxima dilixencia na busca de alternativas para impedir  unha nova deslocalización industrial, cando desde os sectores empresariais estamos a tentar sentar bases novas e sustentables para a recuperación económica, particularmente en comarcas afectadas pola transición enerxética", incide EGA nunha nota de prensa.

Nela, advirten da caída de ocupación industrial reflectida nos indicadores de emprego publicados nos últimos días, polo que instan a adoptar medidas para impedir que isto avance.

"Non podemos permitir máis adelgazamento da estrutura industrial nin efectos colaterais, á vez que apostamos por actividades cun enfoque ambiental, como a eólica, e proxectos estratéxicos directamente vinculados ás enerxías renovables", remarca a patronal, que tamén incide na formación profesional "altamente cualificada" para paliar "o déficit" de traballadores.

Patronal eólica. REMITIDA
Patronal eólica. REMITIDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta