Falecen seis persoas que foran diagnosticadas por coronavirus

Todas elas padecían patoloxías previas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/02/2022 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

Sanidade informou este xoves do falecemento de seis persoas por COVID. Cinco das mortes foron contabilizadas o pasado día 2 de febreiro.

Unha nena recibe unha dose da vacina contra o Covid-19 a 15 de decembro de 2021. Isaac Buj - Europa Press
Unha nena recibe unha dose da vacina contra o Covid-19 a 15 de decembro de 2021. Isaac Buj - Europa Press

En concreto son unha muller de 94 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza (CHUS). Outra muller de 93 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras (CHUO). Un home de 80 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos (HULA). Unha muller de 88 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés (CHOP). E un home de 92 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza (CHUS).

Este xoves día 3 de febreiro, Sanidade comunicou o falcemento dun home de 78 anos, na área sanitaria de Coruña e Cee (CHUAC)

As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta