Por E.P. | Madrid | 07/02/2022 | Actualizada ás 17:42
Galicia, Andalucía, Aragón, Baleares, A Rioxa, Murcia, Navarra e a Comunidade Valenciana son as oito autonomías que, a día de hoxe, manteñen aínda a vixencia do pasaporte covid para acceder a determinados espazos como unha das medidas para combater a explosión de casos de coronavirus provocados pola variante 'ómicron'.
Con todo, hai outras, como Castela e León, Castela-A Mancha, Estremadura ou Madrid, que nunca chegaron a implantar esta medida, mentres que o resto de comunidades deixaron xa sen vixencia este certificado de vacinación. En boca do presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, o pasaporte Covid "xa non cumpre o obxectivo" de cortar a transmisión do virus en espazos interiores.
En calquera caso, ás 17.00 horas deste luns 7 de febreiro, así estaba a situación do pasaporte Covid en cada comunidade autónoma:
En Galicia seguirá sendo obrigatorio o certificado covid ata o 12 de febreiro para toda a hostalaría, lecer nocturno, ximnasios, residencias de maiores, albergues e acompañantes de pacientes en hospitais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.