Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2022 | Actualizada ás 10:15
Unha moza de 18 anos de idade, P.M.S., faleceu este martes, e outros dous mozos, de 18 e 20 anos, L.M.V. e M.H.G., resultaron feridos despois de que o coche no que viaxaban saíra da vía e chocase contra unha árbore, segundo informaron o 112-Galicia e Urxencias Sanitarias. O sinistro produciuse sobre as 00,30 horas deste martes, cando un particular alertou a Emerxencias de que había un coche sinistrado que se encaixou contra unha árbore, na estrada que une Chaián e Trazo.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os sanitarios confirmaron, á súa chegada ao lugar, o falecemento dun dos ocupantes do vehículo. Outras dúas persoas resultaron feridas e foron evacuadas a centros hospitalarios. Os sanitarios confirmaron, á súa chegada ao lugar, o falecemento dunha das ocupantes do vehículo, unha moza de 18 anos de idade. Os outros dous mozos que viaxaban en turismo foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago.
FALECIDA NA CAPELA
Outra muller perdeu a vida este martes nun accidente de tráfico --unha saída de vía con posterior envorcamento-- rexistrado na estrada que une os municipios de Fene e As Pontes (AC-564), na provincia da Coruña. O suceso produciuse pouco despois das 10,00 horas, á altura do municipio da Capela, aínda que no límite con Cabanas.
Fontes do 061 concretaron que a vítima mortal é unha muller de 59 anos, que responde as iniciais de M.I.P.S. O 061 desprazou ao lugar dúas ambulancias --unha de soporte vital básico e outra de soporte avanzado--, e un equipo médico do punto de anteción primaria da Capela, que só puido confirmar o falecemento.
Ata o lugar trasladáronse tamén os bombeiros do Eume e efectivos do GES de Mugardos tiveron que intervir para excarcerar á vítima. E acudiron efectivos da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.