Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/02/2022 | Actualizada ás 09:05
😢 Agradeceríamos moito que borrárades e non lle deades difusión aos comentarios que se fixeron mentres a conta persoal de Olaia estivo hackeada. Afortunadamente xa a recuperou 😊
Esta é a mensaxe que publicou a conta oficial das Tanxugueiras tras o hackeo da conta dunha das súas integrantes, Olaia Maneiro, tanto na rede Tuiter como na de Instagram. Un roubo da identidade en redes sociais que os hackers utilizaron utilizou para emitir unha serie de comentarios despectivos e xocosos cara a Chanel e o xurado profesional do festival en varios post sobre Eurovisión.
Ante a gravidade da situación, a propia Olaia emitiu un comunicado no que asegurou que ela non era a responsable desas críticas. "Se buscaban facerme dano, conseguírono", asegurou. Por iso, fai unha chamada a todos os que recibiron eses comentarios hackeados a que os borren.
"Aviso aquí e que quede claro e se isto serve para que me coñezades, que eu nunca poría comentario negativo sobre ninguén en redes sociais". "Choro porque son moi emocional e danme rabia as inxustizas e síntome mal se quen recibiu isto pois se puidera sentir mal", aeguro.
😢😢 Agradeceríamos moito que borrárades e non lle deades difusión aos comentarios que se fixeron mentres a conta persoal de Olaia estivo hackeada. Afortunadamente xa a recuperou 😊 pic.twitter.com/cRynTSPjAU
— T A N X U G U E I R A S (@tanxugueiras) February 13, 2022
O post hackeado causou un gran balbordo entre a comunidade de seguidores de ambas as participantes no Benidorm Fest, o que fixo que saltasen as alarmas para recuperar o control da conta.
De feito, moitas das seguidoras e seguidores das Tanxugueiras criticaron duramente aos seguidores de Channe e a elementos da ultradereita española por dar difusión a un comentario hackeado que mesmo provocou graves insultos aos galegos e a súa lingua.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.