A estafa do falso técnico de Microsoft chega a Galicia

Identifican ao responsable de terlle roubado 2.600€ a un home de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Policía Nacional identificou a un cidadán indio como autor dunha estafa do falso técnico de Microsoft mediante a que estafou uns 2.600 euros en bitcoins a un veciño de Ourense. Segundo informou a Policía Nacional, en xuño de 2021 un veciño da cidade de Ourense denunciou que recibira unha chamada telefónica dunha persoa que afirmaba ser técnico de Microsoft, o cal lle dicía que detectaran a existencia de diverso "malware" no seu computador e ofreceulle facer unha limpeza do mesmo por un importe de cinco euros, a pagar mediante cartón bancario.

Durante a conversación, engade a Policía, esta persoa "estivo a facilitarlle diversas páxinas web" que non podía lembrar e decatouse nun momento determinado de que podía ser vítima dunha estafa, polo que cortou a comunicación e contactou coa súa entidade bancaria, desde onde lle indicaron que co seu cartón bancario se realizara contra a súa conta un cargo por máis de 2.600 euros.

Tras a investigación por parte do Grupo de Delitos Tecnolóxicos desta Comisaría Provincial de Ourense, conseguiuse determinar que o cargo denunciado consistiu nunha compra de bitcoins. Os axentes lograron seguir a rastrexabilidade do diñeiro ata que se fixo efectivo en dúas contas bancarias da India, tras o que se conseguiu identificar ao seu titular, tamén de nacionalidade india, de 32 anos de idade.

Policía nacional e delitos por estafas en Internet. CNP
Policía nacional e delitos por estafas en Internet. CNP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta