Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/02/2022 | Actualizada ás 17:45
O compromiso adquirido polo Concello de Santiago de plantar unha árbore autóctona por cada voto que reciba o Carballo de Conxo para ser 'Árbore Europea 2022' xa está en marcha. Trátase do 'Bosque Albia', unha iniciativa impulsada pola compañía funeraria do mesmo nome, que foi presentada hoxe e ten como finalidade reducir as emisións de carbono a longo prazo. No acto de presentación, iniciouse tamén o plantación por parte dos representantes da empresa funeraria, o Consistorio e un grupo de voluntarios -tanto de Albia, como do Concello-, na entrada do polígono industrial do Tambre.
Este novo bosque é o segundo proxecto de reforestación que a compañía realiza en Galicia --tras a plantación en Sanxenxo de, aproximadamente, 200 especies de árbores-- e enmárcase na iniciativa de compensación da pegada de carbono, aliñada cos compromisos adquiridos coa sustentabilidade ambiental dentro da Axenda Verde.
Durante o acto de presentación, ao que asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e o Director de Desenvolvemento, Grandes Cuentas, Marketing e Comunicación de Grupo Albia, Carlos Gallego Gómez, levouse a cabo o comezo da plantación, que consistirá en 800 carballos no polígono do Tambre.
En palabras do Alcalde de Santiago de Compostela: "Esta candidatura (a do Carballo de Conxo) é unha oportunidade moi importante para recuperar unha parte da nosa historia e tomar coñecemento do enorme patrimonio que temos en materia ecolóxica". Ademais,
apuntou que "grazas ao compromiso do Concello e ao apoio de diferentes colectivos da cidade plantamos xa 5.000 árbores autóctonas en varias zonas de Santiago, con previsión de chegar aos 19.000 este ano e aos 100.000 en 2030”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.