O Norte de Portugal quere independizarse de Lisboa e busca un modelo de autonomía "similar ao galego"

"Galegos e norteños interrelaciónanse diariamente, cruzando a fronteira máis perméabel dos nosos países, a do río Miño", asegura o presidente da Eurorregião Galiza - Norte de Portugal e da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N).

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/02/2022 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

Cada vez son máis os que queren para o norte de Portugal unha autonomía "á galega" ante a presión que exerce o eixe lisboeta. O último foi o presidente da Eurorregião Galiza - Norte de Portugal e da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N), António Cunha,  que aposta para o Norte luso por "un modelo de autonomía rexional similar ao galego".

Así o deixou claro hai uns días durante a inauguración do Encontro "Representacións e Identidades na Eurorregião Galiza - Norte de Portugal", que tivo lugar en Santiago de Compostela. No encontro, o presidente da CCDR-N e da Eurorregião admitiu que "o Norte portugués poida ter en breve un modelo de autonomía rexional similar ao galego", algo que permitirá "estreitar aínda máis" os lazos entre as rexións e poboacións.

António Cunha lembrou que "galegos e norteños interrelaciónanse diariamente, cruzando a fronteira máis perméabel dos nosos países, a do río Miño". Previamente, foi o o director do AECT Galiza - Norte de Portugal, Nuno Almeida, o que lanzou o reto de "avanzar para unha cooperación máis estruturada entre os 285 museos da Eurorregião" e tamén en "economía, infraestruturas físicas ou colaboración en distintas áreas de actividade".

Este responsábel defendeu que hai unha "aposta firme" do AECT da Eurorregião na cultura, "con programas de cooperación como o Nortear, en proxectos como o Iacobus, para o persoal científico e universitario das universidades da Eurorregião, e na difusión dos Camiños de Santiago en Portugal".

Un vehículo diríxese á fronteira entre Portugal e Galicia, a 1 de maio de 2021. Europa Press
Un vehículo diríxese á fronteira entre Portugal e Galicia, a 1 de maio de 2021. Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Benito Mansa

Autonomia non, INDEPENDENCIA das metrópolis

1 Moine

Vai sendo hora que os minhotos e os galegos, que som o mesmos, tenhamos instituiçons comuns.

1 Gamela

Temos un chiringuito que leva 30 anos co mesmo Secretário ! Eixo Atlántico !