Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 22/02/2022 | Actualizada ás 17:56
O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña acordou a apertura da fase de liquidación de Alu Ibérica LC e declarou disolta a sociedade. Así, cesan na súa función os seus administradores, que son substituídos pola administración concursal.
Nunha sentenza con data do 21 de febreiro, da que informou este martes o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a xuíza sinala que a situación do concursado durante esta fase será "a de suspensión do exercicio das facultades de administración e disposición sobre o seu patrimonio".
A empresa atópase en concurso voluntario de acredores desde o pasado mes de decembro, tras acreditar ante o xulgado o seu estado de insolvencia.
A maxistrada indica no auto que consta "o informe de cesamento de actividade pola administración concursal e a falta de obxeccións do debedor", polo que considera que concorren os requisitos previstos para acordar a apertura da fase de liquidación da compañía.
A sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.