Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/03/2022 | Actualizada ás 14:00
Galicia rexistrou entre os anos 2009 e 2019 un total de 17.844 accidentes no sector do metal (unha media de 1.622 accidentes anuais), o que a sitúa como a quinta comunidade autónoma nestes rexistros, por detrás de País Vasco, Cataluña, Andalucía e Madrid. No conxunto de España, os accidentes rexistrados neste campo nese período foron 275.294. Con estas cifras, os accidentes no metal galego con resultado de baixa laboral ou morte representan o 6,5% do total no Estado.
Dos 17.844 accidentes rexistrados en Galicia, 17.587 foron leves, e nesta categoría de severidade do accidente, representan o 6,4% do total en España. Neste apartado, Galicia ocupa tamén o quinto posto. O total en España foron 272.854.
Os accidentes graves no metal galego foron 231, cifra que eleva a porcentaxe sobre o total en España ao 11,1% e, neste caso, sitúa Galicia no cuarto posto, detrás de Cataluña, País Vasco e Andalucía. Os casos graves no conxunto de España foron 2.089.
Galicia ocupa a cuarta posición en accidentes mortais no sector do metal, co 7,2% do total en España
No que respecta aos accidentes con resultado de feridos moi graves, en Galicia foron 7, isto é, un 8,1% do total no Estado, colocando de novo a Galicia no cuarto posto, por detrás de Cataluña, Andalucía e País Vasco. No global do Estado rexistráronse 86.
Por último, os accidentes fatais, con resultado de morte de traballadores, foron 19 no sector do metal en Galicia, cifra que supón o 7,2% dos 265 rexistrados en toda España. País Vasco lidera esta negra lista, con 59, seguido de Cataluña (43), Andalucía (28), Valencia (21) e Galicia e Asturias (19 cada unha).
CC.AA. |
Accidentes totais |
% |
Leves |
% |
Graves |
% |
Moi graves |
% |
Mortais |
% |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
275.294 |
100 |
272.854 |
100 |
2.089 |
100 |
86 |
100 |
265 |
100 |
|
Andalucía |
28.527 |
10.4 |
28.206 |
10.3 |
279 |
13.4 |
14 |
16.3 |
28 |
10.6 |
Aragón |
9.537 |
3.5 |
9.470 |
3.5 |
58 |
2.8 |
4 |
4.7 |
5 |
1.9 |
Asturias |
15.656 |
5.7 |
15.530 |
5.7 |
103 |
4.9 |
4 |
4.7 |
19 |
7.2 |
Baleares |
2.532 |
0.9 |
2,.516 |
0.9 |
15 |
0.7 |
1 |
1.2 |
0 |
0.0 |
Canarias |
2.482 |
0.9 |
2.446 |
0.9 |
30 |
1.4 |
2 |
2.3 |
4 |
1.5 |
Cantabria |
6.042 |
2.2 |
5.971 |
2.2 |
57 |
2.7 |
2 |
2.3 |
12 |
4.5 |
Cataluña |
51.844 |
18.8 |
51.394 |
18.8 |
389 |
18.6 |
18 |
20.9 |
43 |
16.2 |
Castilla y León |
14.027 |
5.1 |
13.895 |
5.1 |
112 |
5.4 |
6 |
7.0 |
14 |
5.3 |
Castilla-La Mancha |
12.044 |
4.4 |
11.940 |
4.4 |
89 |
4.3 |
2 |
2.3 |
13 |
4.9 |
Valencia |
13.965 |
5.1 |
13.815 |
5.1 |
128 |
6.1 |
1 |
1.2 |
21 |
7.9 |
Extremadura |
3.973 |
1.4 |
3.914 |
1.4 |
57 |
2.7 |
1 |
1.2 |
1 |
0.4 |
Galicia |
17.844 |
6.5 |
17.587 |
6.4 |
231 |
11.1 |
7 |
8.1 |
19 |
7.2 |
La Rioja |
2.306 |
0.8 |
2.283 |
0.8 |
19 |
0.9 |
1 |
1.2 |
3 |
1.1 |
Madrid |
21.081 |
7.7 |
20.965 |
7.7 |
99 |
4.7 |
4 |
4.7 |
13 |
4.9 |
Murcia |
5.802 |
2.1 |
5.755 |
2.1 |
39 |
1.9 |
5 |
5.8 |
3 |
1.1 |
Navarra |
9.451 |
3.4 |
9.365 |
3.4 |
74 |
3.5 |
4 |
4.7 |
8 |
3.0 |
Euskadi |
58.084 |
21.1 |
57.705 |
21.1 |
310 |
14.8 |
10 |
11.6 |
59 |
22.3 |
Ceuta |
31 |
0.0 |
31 |
0.0 |
0 |
0.0 |
0 |
0.0 |
0 |
0.0 |
Melilla |
66 |
0.0 |
66 |
0.0 |
0 |
0.0 |
0 |
0.0 |
0 |
0.0 |
Os datos están extraídos dun novo estudo realizado por investigadores das universidades de Valencia, Valladolid, UNED e TU Delft (Países Baixos). Tras a recollida destes, os autores da investigación realizaron unha análise global dos accidentes laborais no sector do metal en España. A súa conclusión é que, aínda que se produciu “unha lixeira mellora na sinistralidade” na última década antes da pandemia de covid-19 –que paralizou a actividade–, “o sector do metal aínda representa unha alta porcentaxe de accidentes graves e mortais”, os cales, na súa meirande parte, sufriron traballadores “con idades próximas á xubilación”.
O certo é que, como indican estes expertos, o do metal está entre os dez sectores con maior sinistralidade en España, polo que decidiron afondar neste problema para ver a súa evolución ao longo do tempo e analizar a relación entre as variables asociadas aos accidentes neste sector.
Os datos recollidos no estudo proceden dos informes de accidentes de traballo, que deben ser remitidos aos órganos administrativos correspondentes mediante o sistema informático Delt@ (Declaración Electrónica de Traballadores accidentados). As variables do estudo clasificáronse en catro grupos: persoal, empresarial, material e período de tempo.
Tras unha caída dos accidentes entre 2009 e 2013, os sinistros aumentaron un 48,8% até o ano 2019, antes da pandemia de covid-19, que paralizou a actividade
En canto á categorización dos accidentes, a gravidade clasifícasouse en leve, grave e moi grave, ademais dos fatais. “Os accidentes defínese como leves cando non se prevé que as lesións deixen secuela algunha. Se as lesións non poñen en perigo a vida do traballador ou se non se prevé que as secuelas invaliden, os accidentes considéranse graves. Os accidentes moi graves determínanse cando as consecuencias das lesións derivadas poidan provocar alteracións funcionais ou orgánicas permanentes (secuelas incapacitantes) ou pór en perigo a vida do traballador. Se o traballador falece, o accidente considérase mortal”, clarifican os autores do estudo.
MENOS QUE HAI UNHA DÉCADA, PERO DE NOVO SUBINDO
Os datos a nivel estatal amosan que os accidentes laborais no sector do metal caeron un 22% se se comparan as cifras de 2009 (35.627 sinistros) coas de 2019 (27.804). Con todo, desde o ano 2013 –cando se acadou a cifra máis baixa (18.677 accidentes), a cifra vén aumentando de xeito continuo ano tras ano. De feito, 2019 foi o terceiro ano con máis sinistralidade da década, só por detrás de 2009 e 2010 (31.179 accidentes). Isto significa que os sinistros aumentaron un 48,8% desde 2013 até 2019.
Entre 2009 e 2013, a porcentaxe reducírase un 48%, “coincidindo coa diminución da actividade provocada pola crise económica e tomáronse medidas para mellorar a prevención de riscos laborais”, contextualizan os responsables do estudo.
Esta repunta desde 2013, segundo estes analistas, “podería estar relacionada coa implantación da Industria 4.0”, isto é, a chamada manufactura intelixente coa aplicación de novas tecnoloxías dixitais. Segundo apuntan, “ese mesmo incremento de accidentes produciuse noutros sectores produtivos españois”.
ELEVADO NÚMERO DE ACCIDENTES GRAVES E MORTAIS
Os accidentes graves, moi graves e mortais “mantivéronse elevados e case inalterados durante o período de estudo”, indican os autores.
Así, sinistros graves e moi graves no sector do metal oscilan entre o 21% e o 24% dos de todo o sector industrial. Na proporción de accidentes mortais, a oscilación é máis ampla (13,5% e 33,6%) e reflicte unha media de máis de 24 traballadores mortos ao ano en todo o Estado. No caso de Galicia, a media é de 1,7 mortes anuais.
Como lembran estes investigadores, “o sector do metal conta na súa maioría con empregados varóns”, que representan o 86,2% do total de traballadores. Ao analizar os resultados da sinistralidade en toda a serie histórica, dos 275.294 accidentes que derivaron nunha baixa, o 95,3% corresponden a homes e o 4,7% a mulleres. No caso dos accidentes mortais, a porcentaxe de vítimas mortais entre homes alcanza o 97,4%.
“Estes resultados, que poderían ser analizados máis a fondo se se tivesen máis datos sobre os postos que ocupan homes e mulleres no sector do metal, reflicten a necesidade de campañas específicas de información e formación en materia de prevención de riscos laborais para os traballadores do sector do metal”, comentan os expertos.
POR TERRITORIOS
Respecto á distribución xeográfica dos accidentes, e a súa gravidade, observouse que as comunidades autónomas con maior sinistralidade, por esta orden, son País Vasco, Cataluña e Andalucía, cunha porcentaxe superior ao 10% do total de accidentes no Estado. “Estas comunidades autónomas están igualmente representadas nos accidentes leves, graves e mortais, e sitúanse entre as comunidades con maior facturación do sector industrial”, salientan os investigadores.
Este é un dato relevante, xa que semella haber unha relación entre o número de accidentes e o volume de negocio do sector en cada territorio. Segundo o Instituto Nacional de Estatística, as comunidades autónomas con maior volume de negocio no sector do metal son, por esta orde, Cataluña, Andalucía, Valencia, Madrid, País Vasco e Galicia.
Coruña e Pontevedra sitúanse no grupo de provincias cunha sinistralidade que representa entre o 1%-3% do total dos accidentes
Por provincias, a de Barcelona lidera a porcentaxe da sinistralidade total en España, cun 14,8% dos accidentes durante o período de estudo. Séguenlle Navarra, Asturias, Madrid e os tres territorios do País Vasco. Mentres, as taxas de accidentes mortais máis altas déronse nas provincias de Biscaia (14,0%) e Barcelona (11,7%).
No caso de Galicia, A Coruña e Pontevedra sitúanse no grupo de provincias cunha sinistralidade que representa entre o 1%-3% do total dos accidentes, mentres que Lugo e Ourense están entre as que rexistraron menos do 1% dos sinistros. Porén, no caso dos accidentes mortais, en Galicia destaca A Coruña, que se sitúa no grupo de provincias con entre o 3%-4,5% dos sinistros totais en España; logo, Pontevedra e Lugo están no intervalo 1%-3%, e Ourense, entre as que representan menos do 1%.
IDADE
As franxas de idade con maior sinistralidade sitúanse entre os 30 e os 39 anos (33,1%) e os 40 e 49 anos (27,9%). Pola contra, a maior porcentaxe dos accidentes mortais producíronse na franxa de idade de 50 a 59 (36,2%), con porcentaxes moi superiores aos valores para grupo en accidentes leves, graves e moi graves (17,4%, 23,4% e 25,6%, respectivamente).
“Estes datos poden servir de base para o desenvolvemento de políticas sectoriais e/ou empresariais co fin de limitar a sinistralidade dos traballadores deste grupo de idade (e do grupo inmediatamente superior ata a idade de xubilación)”, consideran os autores do estudo, que propoñen medidas de adaptación para reducir a sinistralidade entre os traballadores máis maiores, como a redución da xornada laboral ou unha combinación de tarefas administrativas, de control ou limpeza, por exemplo.
VARIABLES ECONÓMICAS
A actividade con maior sinistralidade é a fabricación de elementos metálicos para a construción, onde se produce o 29,1% do total de accidentes no sector do metal, tamén o 29,1% do total dos sinistros leves, o 34,3% dos graves, o 34,9% dos moi graves e o 23% dos mortais.
O maior número de accidentes prodúcese en empresas con entre 11 e 25 traballadores e 26-50 empregados, pero o maior número de accidentes fatais dáse en empresas de máis de 250 traballadores e de entre 100 e 250 empregados
A segunda actividade con maior sinistralidade é o tratamento e revestimento de metais, enxeñaría mecánica para terceiros, cun16,6% do total de accidentes, o16,7% dos leves, o 13,2% dos graves, o 11,6% dos moi graves e o 14,3% dos mortais.
En canto ao tamaño da empresa, o maior número de accidentes prodúcese naquelas con entre 11 e 25 traballadores (20,2%) e entre 26 e 50 empregados (18,2%), pero calculando a porcentaxe de sucesos mortais respecto do total de accidentes, o maior número de accidentes fatais prodúcese en empresas de máis de 250 traballadores, seguidas das empresas de entre 100 e 250 empregados.
En canto á antigüidade dos traballadores, o número de accidentes en empregados con menos dun mes de experiencia na empresa alcanza o 10,5% do total e o 14,3% dos mortais.
VARIABLES TEMPORAIS
Os datos tamén mostran que o luns é o día no que máis accidentes se rexitraron entre traballadores do metal, mentres que o número total de accidentes diminúe a medida que avanza a semana. Este fenómeno, apuntan, é o denominado “efecto luns’, polo cal non só se rexistran os sinistros acontecidos ese día da semana, senón que ademais “moitos destes accidentes ocorren durante a fin de semana e fóra do traballo, pero son denunciados os luns para beneficiarse da cobertura do seguro de indemnización”, afirman estes investigadores, que engaden: “Algúns accidentes denunciados o luns producíronse durante a fin de semana e son denunciados o luns porque as compañías aseguradoras compensan máis os accidentes laborais que os que se producen durante as actividades de lecer”.
Por outro lado, o maior número de accidentes no sector do metal sitúase entre as 10:00 e as 12:59 horas. Ademais, o período entre as 11:00 e as 11:59 horas presenta a maior porcentaxe de accidentes graves e mortais. Ademais, prodúcense máis accidentes totais, leves e graves na segunda hora da xornada laboral, mentres que o maior número de accidentes moi graves e mortais dáse na terceira hora da xornada de traballo. Polo tanto, “en contra do previsto e asociado ao cansazo acumulado dos traballadores, o número de accidentes leves, graves, moi graves e totais diminúe a medida que pasan as horas da xornada laboral”.
BAIXAS, CAUSAS E LESIÓNS
Os accidentes do sector do metal supoñen maioritariamente entre 2 e 7 días de baixa (25,3% dos casos) e de 8 a 15 días (25,6%).
En canto aos falecementos, destacan que a maioría ocorren no momento do accidente (73,2%) ou dentro dunha semana desde que se produciu (15,8%).
Neste apartado salientan tamén que os accidentes graves e moi graves dan lugar a baixas maiormente de entre 7 e 12 meses (38,1% e 40,7%, respectivamente).
Os expertos piden formar os traballadores en primeiros auxilios e incluír a obrigatoriedade de dispor de desfibriladores nos centros de traballo para reducir a mortalidade
En canto á causa dos accidentes, destacan os derivados da perda de control da maquinaria (26,8%), movementos corporais involuntarios (25,6%) e movementos corporais voluntarios (19,3%). Nos accidentes moi graves e mortais, aproximadamente 4 de cada 10 son provocados por perda de control sobre a maquinaria.
Amputacións, ósos esmagados, contusións e lesións internas están relacionadas principalmente con accidentes graves, moi graves ou mortais no sector do metal. E luxacións, escordaduras e distensións, feridas e lesións superficiais están implicadas nun 81,2% do total dos sinistros. As lesións máis perigosas inclúen traumatismos na cabeza e lesións internas, lesións múltiples, ataques cardíacos, accidentes cerebrovasculares e outras enfermidades non traumáticas.
Para mellorar a situación, estes expertos consideran “necesario formar os traballadores en primeiros auxilios para a atención inicial dos accidentados ata a chegada dos servizos de emerxencia, así como incluír a obrigatoriedade de dispor de desfibriladores nos centros de traballo”.
PROPOÑEN MELLORAS
“Os nosos resultados apuntan a que o sector do metal en España mellorou lixeiramente a sinistralidade durante a última década, pero aínda representa unha alta porcentaxe dos accidentes graves e mortais da industria española, principalmente nas comunidades autónomas onde ten maior influencia na economía”, resumen os responsables da investigación.
Na súa opinión, este estudo “pode proporcionar a empresarios, traballadores, lexisladores, técnicos de prevención e investigadores información útil para propoñer melloras organizativas, técnicas e normativas para reducir a sinistralidade do sector do metal e limitar así o impacto social e económico dos accidentes”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.