Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/02/2022 | Actualizada ás 18:37
O sector agroalimentario representa o 80% da produción industrial do Barbanza, a segunda comarca da provincia da Coruña en termos de poboación (por diante mesmo de Santiago) e que ten unha media de PIB por habitante de 18.298 euros.
Estes son algúns dos datos que forma parte do Informe de Conxuntura Económica sobre a comarca do Barbanza elaborado polo Club Financeiro de Santiago e que foi presentado este luns no Concello de Boiro con presenza dalgúns dos seus promotores.
A análise económica da comarca do norte da ría de Arousa --que abarca os concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo-- extrae que case o 56% do valor engadido bruto da zona depende do sector servizos.
Con todo, máis dun cuarto da economía da comarca (26,39%) está vinculada á industria, na que goza dun peso case exclusivo o sector agroalimentario, co 80% do total.
O sector primario (9,09 %) e a construción (8,69%), completan o cuarteto de sectores con maior importancia na economía do norte de Arousa.
Ademais, o informe revela que o Barbanza ten maior densidade de poboación que a comarca de Santiago e, de feito, é a segunda máis habitada da provincia da Coruña con 266 habitantes por quilómetro cadrado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.