Feridos graves os dous ocupantes dun quad ao chocar contra un coche en Sobrado

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/02/2022 | Actualizada ás 20:57

Comparte esta noticia

Dúas persoas que circulaban nun quad resultaron feridas de consideración ao chocar contra un coche, nun accidente que tivo lugar este luns no municipio coruñés de Sobrado.

O accidente produciuse no punto quilométrico 18 da AC-934, uns minutos despois das 12,30 horas. A esa hora, o condutor do turismo implicado no sinistro contactou co 112 Galicia para dar conta da colisión.

Segundo indicaba na súa chamada, as dúas persoas que circulaban no quad saíran despedidas a causa do impacto e engadía que a súa situación era de gravidade.

De maneira inmediata, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias de Sanitarias do 061, da Garda Civil de Tráfico e do GES de Curtis. Ambos os dous necesitaron ser trasladados de urxencia a un centro hospitalario.

Investigado un veciño da Estrada tras difundir un vídeo no que conduce un quad de forma temeraria durante o estado de alarma.. GARDA CIVIL
Investigado un veciño da Estrada tras difundir un vídeo no que conduce un quad de forma temeraria durante o estado de alarma.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta