A Xunta abandona o rastrexo masivo da covid logo de adxudicarllo a unha empresa privada por 14 millóns

O control de positivos quedará restrinxido a unha pequena proporción da poboación considerada máis vulnerable. O contrato millonario da Xunta comprendía un ano de traballo pero apenas se prestaron tres meses. Neste período, houbo múltiples queixas polas deficiencias do servizo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/03/2022 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Galicia deixará o vindeiro luns, 7 de marzo, de rastrexar os contactos estreitos dos casos positivos de Covid-19, en virtude do acordo alcanzado entre as comunidades e o Ministerio de Sanidade, salvo en "ámbitos vulnerables", entre os que se inclúen as áreas de hospitalización, residencias de maiores e discapacitados, centros de día e de diálese, ademais de cárceres.

Así o explicaron este venres en rolda de prensa o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, quen ratificaron que desde o 7 de marzo non se rastrexarán os contactos estreitos dos casos positivos de Covid da poboación xeral.

"Tras dous anos case de pandemia a volta á normalidade empeza a ser unha realidade", afirmou o titular de Sanidade, quen apelou a "facelo con sentidiño", co uso da máscara e outras medidas que "salvaron vidas". Ademais, agradeceu o traballo dos profesionais sanitarios que fixeron "posible esta situación". No entanto, indicou que "preocupan" secuelas, en especial no ámbito da saúde mental.

Varias persoas nunha terraza de Vigo, a 26 de xuño de 2021. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Varias persoas nunha terraza de Vigo, a 26 de xuño de 2021. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

A decisión da Xunta, se ben está motiva pola decisión do Goberno central, deixa así atrás o contrato de 14 millóns polos que Sanidade adxudicou o rastrexo á empresa Extel, un acordo polo que esta debía prestar un ano de servizo pero que, coa cambio de rumbo do Goberno, quedou en apenas tres meses. Nas primeiras semanas sucedéronse as críticas á empresa pola deficiencia do servizo desenvolto, con chamadas que non se repetían e PCRs que nunca chegaban a porto. Como xa publicou o GC, a empresa comezou a prestar servizo a toda a poboación galega con só 10 persoas. A CIG calculou que con ese mesmo orzamento se poderían ter contratado miles de sanitarios do sistema público galego. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta