Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2022 | Actualizada ás 19:14
A Garda Civil detivo a dous veciños de Laxe acusados de roubar na madrugada do pasado 10 de marzo diverso material na Escola Municipal de Música da localidade. Nun comunicado, o instituto armado explicou que a investigación se iniciou por mor da denuncia interposta polo Concello, na que alertaba de que autores descoñecidos accederan ao interior da escola, na que subtraeran varios instrumentos musicais e diverso material.
Tras iso, a Garda Civil iniciou unha investigación a través da que conseguiu identificar os autores e localizar parte dos obxectos que foran subtraídos. A Garda Civil procedeu á detención destas dúas persoas como presuntas autoras dun delito de roubo e á incautación dos efectos localizados, restituíndo os mesmos aos seus lexítimos propietarios. A investigación segue aberta co obxecto de recuperar os dous efectos non localizados ata o momento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.