Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/03/2022 | Actualizada ás 20:50
10 de Marzo
11 de Marzo
Despois de probar toda a maquinaria ( motores, xeradores, potabilizadora de auga, hidráulica...) unha vez máis ata ben entrada a noite anterior, acordamos saír frescos ás 6:00. Polo momento arrancamos motores e poñemos a vela maior. Para axudarnos a estabilizar o barco do movemento lateral, polo estado do mar e o ángulo do vento. Chegamos a máis de 30 nudos de vento do NNE ( nin tan do leste como quixéramos) e ondas de 3/4 metros. O día acaba cun veo cheo de estrelas, vento, ondas de burbullas e unha deliciosa cea de lasaña para quencer os corpos e os bandullos.
12 de Marzo
Esperto as poucas horas de sono, polo agresivo movemento do mar, para tentar comer algo de almorzo e un café antes de empezar a miña garda.
15 de marzo
Tendo o corpo acostumado às rutinas, garda, comer, dormir ... a vida tornase ben sinxela e perdese a conta dos días e das horas. Para min é unha das cousas que máis aprecio. Achegome moito máis á natureza, como nunha aperta.
Nunha vida paralela á normal de moita xente, que para nós ten mais sentido que o día a día en terra. Todos a bordo falamos das nosas experiencias e parecemonos polo amor a navegar e a viaxar polo mundo, aínda que ás veces as condicións son bastante máis duras.
Nun barco relativamente grande, temos os xeneradores todo o tempo encendidos polo que non hai problema de electricidade ou auga pola potabilizadora e o luxo de poder ducharse en auga quente sempre que queiramos. A parte dunha avería, por suposto.
Lat 29•14
Long 52•50
900 millas navegadas
16 de Marzo
Pasamos a primeira semana a bordo e mais de 1000 millas navegadas. As experiencias, a parte do traballo, son de disfrute de amenceres, solpores, chuvias de peces voadores e, hoxe, para deleite dos ollos tivemos golfiños na proa ao mediodía. Velos xogar e brincar fóra da auga é un espectáculo fermoso e só para nós.
O vento foi amainando... ollamos os partes a diario,e esperamos impacientes pola seguinte borrasca. Que nos dará un empurre de máis vento e mellor ángulo.
17 o 18?
Xa se perde a noción do tempo ou a data que é. Mais por fin temos o cambio do ángulo do vento que agardabamos Recibimos o preciado vento polo costado de babor e as ondas do mar acompañan mellor.
Aproveitamos para charlar e practicar algo de exercício na popa ao sol da tardiña, pois sabemos que o próximo día, o mar pode non dar chance a facer nada máis.
Unha noite espectacular con lúa cheia danos paso a un día con varias viradas e encalmadas de vento. Temos 1530 millas navegadas e unhas 850 ata Açores, que tentaremos pasar ben ao sur debido a duas baixas presións que se trasladan polo norte do noso rumbo.
Despois dun par de bordos, seguimos correndo o vento, pasando ao sur de dúas borrascas. Cun rumbo de 090º e unhas 700 millas ata chegar navegando por baixo das Açores. Nótase o cambio de temperatura cada día que navegamos, ademais de cambiar os reloxios avanzando dúas horas adiante, debido as franxas horarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.