A atleta galega Belen Toimil céntrase na tempada de verán co mundial e o europeo no horizonte

Tras perderse o mundial en pista cuberta por unha lesión no seu nocello, a atleta galega céntrase no mundial de Eugene (Estados Unidos) e o europeo de Múnic.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/03/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A plusmarquista nacional de lanzamento de peso, Belén Toimil, enfoca "sén présa" os seus principais obxectivos da tempada tras perderse o mundial en pista cuberta en Belgrado que serán ambas ao aire libre, o mundial en Eugene (Estados Unidos) e o europeo de Múnic.

Belén Toimil nas rondas preliminares de lanzamento durante os Xogos Olímpicos de 2020
Belén Toimil nas rondas preliminares de lanzamento durante os Xogos Olímpicos de 2020 | Fonte: EFE

"Supuxo un baixón non poder estar no mundial de Belgrado, pero valoramos o meu adestrador e eu a situación e, ao non poder afrontar a cita nas mellores condicións, optamos por centrarnos definitivamente na tempada de verán", sinalou.

A atleta galega que adestra no Centro de Alto Rendemento (CAR) de León disputou a súa última proba no campionato de España en pista cuberta en Ourense onde revalidou o título con comodidade a pesar de realizar tan só dous lanzamentos ao arrastrar unha escordadura de segundo grao e rotura de ligamentos no nocello esquerdo.

Desde entón centrouse na recuperación da lesión e xa adestra "case con normalidade", sinalou, a pesar de ter que esperar polos menos outras dúas semanas para poder realizar o lanzamento xiratorio.

Toimil presenciou a final mundialista na distancia e comprobou, segundo declarou, "o nivel enorme da proba, tanto en categoría masculina, como feminina, con sete lanzadoras por encima dos 19 metros e tres dos 20, o que dá idea da esixencia con marcas estratosféricas".

A lanzadora de Mugardos confía en "recuperar o nivel de forma e de marcas do pasado ano", onde logrou mellorar o rexistro nacional para colocalo en 18,80, co obxectivo marcado de achegarse aínda máis ou superar a barreira dos 19 metros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta