Buscan a un octoxenario desaparecido en Boborás

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 02/04/2022 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

Efectivos de emerxencias e voluntarios buscan desde este venres a un octoxenario desaparecido no concello ourensán de Boborás.

Segundo informou o 112 Galicia, foron os voluntarios de Protección Civil da localidade os que deron aviso da desaparición sobre as 22,00 horas. Así mesmo, nesa chamada informaban de que o octoxenario fora visto por última vez ás 17,00 horas, cando ao parecer saíra el só de casa.

De inmediato, as forzas da orde activaron un operativo no que colaboran, ademais dos voluntarios de Boborás, membros do GES de Avión, do Carballiño e Protección Civil de Maside e da Mancomunidade do Ribeiro.

Recentemente sumáronse á procura efectivos da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), que mediante os drons do Grupo de Apoio Loxístico reforzaron o operativo este sábado.

Equipo de drons da Axega
Equipo de drons da Axega | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta