As mulleres do 10 de marzo, as outras loitadoras antifranquistas "silenciadas"

Recibirán a distinción 'republicanas de honra' da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2022 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O colectivo de mulleres do 10 de marzo de 1972 de Ferrol recibirá este xoves, día 21, a distinción 'republicanas de honra' da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña. Será nun acto que se celebrará na sede da ONCE e ao que, previamente, haberá recepcións na Universidadade da Coruña (UDC), na Deputación e no Concello herculino, así como unha visita guiada ao Pazo de Meirás, en Sada.

"Son un exemplo da loita colectiva", expuxo Aurora Paz, da CRMH, na presentación dos actos que se celebran con motivo do 14 de abril, día da República, e que este ano se aprazaron pola coincidencia dese día coa ponte de Semana Santa. "Mulleres invisibilizadas ata hai pouco", engadiu en referencia á "loita antifranquista" que protagonizaron tanto militando como repartindo información ou axudando a feridos ou a presos, lembrou.

Pola súa banda, Rosario Alabau, 'Sari', en representación do colectivo das mulleres de Ferrol que participaron na loita do 10 de marzo de 1972, denunciou que se tratou de casos "silenciados" en relación a unha reivindicación nunha situación "complicadísima" e "en defensa" da liberdade. Sobre a distinción, expuxo que é "un recoñecemento a ese traballo", no que situou a moitas amas de casa "que tiveron que dar o salto, cos seus maridos no cárcere". Ademais, aludiu, como a representante da CRMH, ás que tamén sufriron prisión.

Esta é, supostamente, a única imaxe que existe sobre os feitos do 10 de Marzo. Trátase dunha instantánea tomada dende o barrio de Recimil. Con todo, Rafael Pillado alega que a imaxe 'é do día 9', xa que o percorrido dos obreiros foi o mesmo que na xornada seguinte
Esta é, supostamente, a única imaxe que existe sobre os feitos do 10 de Marzo. Trátase dunha instantánea tomada dende o barrio de Recimil. Con todo, Rafael Pillado alega que a imaxe 'é do día 9', xa que o percorrido dos obreiros foi o mesmo que na xornada seguinte | Fonte: Fundación 10 de marzo de CCOO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta