Por E.P. | A CORUÑA | 19/04/2022 | Actualizada ás 18:58
Ferrol, Santiago, Lugo, Porriño, Vilalba, Ourense, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos serán este ano o trece sedes das feiras do libro, organizada cada ano pola Federación de Librarías de Galicia.
Será, informa, nun ano no que se estreará unha nova imaxe, "dinámica, fresca, próxima e optimista", explica tras anunciar unhas feiras de libro que comezarán esta semana e prolongaranse ata agosto.
Sobre a imaxe, indica que "os libros como guías, como instrumentos non só para abrirnos xanelas a outras realidades, pero tamén como acompañantes no día a día, é a imaxe que inspirou a cartelaría deste 2022, na que un pequeno lector leva un libro como un globo, pero á súa vez, é levado por el".
En canto ás feiras do libro, explica que comezarán este fin de semana coa primeira cita en Ferrol. As mesmas continuarán ata finais de agosto "cunha programación na que se combinarán as actividades lúdicas coas presentacións e firmas de libros habituais nestas citas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.