Científicos analizan a contaminación dos sedimentos mariños do Cantábrico e Galicia

Será un equipo de 10 científicos e técnicos do Centro Oceanográfico de Vigo.

Por E.P. | Vigo | 21/04/2022 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O Instituto Español de Oceanografía iniciou este xoves en Xixón a campaña oceanográfica Sedatlan22, na que, a bordo de buque Ramón Margalef, analizarán a contaminación dos sedimentos mariños por toda a plataforma de Galicia e do Cantábrico, así como no interior das rías galegas, desde a costa ata os 600 metros de profundidade.

O Instituto Español de Oceanografía analiza a contaminación dos sedimentos mariños do Cantábrico e Galicia
O Instituto Español de Oceanografía analiza a contaminación dos sedimentos mariños do Cantábrico e Galicia | Fonte: IEO.

Segundo informou o IEO, estas mostras permitirán realizar análises de contaminantes orgánicos e inorgánicos,como metais traza, hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAHs), pesticidas organoclorados ou retardantes de chama bromados, así como a concentración e distribución de microplásticos. Ademais, estudaranse os efectos destes contaminantes sobre a biota a través de ensaios de toxicidade.

A campaña lévaa a cabo un equipo de 10 científicos e técnicos do Centro Oceanográfico de Vigo, terá unha duración de 13 días e recolleranse máis de 100 mostras de sedimentos mariños.

"Esta campaña forma parte dunha serie histórica que comezou no ano 2000 e que pretende estudar as tendencias temporais da contaminación na demarcación Noratlántica", explica Lucía Viñas, investigadora responsable do estudo.

Os datos que se obteñan nas diferentes análises servirán para dar cumprimento aos compromisos que ten España a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico,tanto relacionados co Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña como co Convenio Rexional Ospar para a protección do medio ambiente mariño do Atlántico Nordeste.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta