Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2022 | Actualizada ás 14:18
A biblioteca da Real Academia Galega (RAG) lembra, con motivo da celebración do 23 de abril, o aniversario da I Mostra do Libro Galego en Cataluña, unha iniciativa concibida para ofrecer ao público catalán unha imaxe da evolución histórica da cultura galega.
Segundo lembra, a exposición, que puido verse en Barcelona do 17 de maio ao 17 de xuño de 1972, foi patrocinada pola Galería Sargadelos e contou coa colaboración de institucións como a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Penzol, o Museo Carlos Maside e a propia Real Academia Galega.
Da organización encargáronse Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, membros da RAG, coa colaboración do escritor e tradutor Valentín Arias. Entre as obras da Real Academia Galega que se puideron ver en Barcelona destacaba unha das "xoias" da biblioteca desta institución, 'Descrición do Reyno de Galizia e das cousas notables' (Mondoñedo, 1551), do licenciado Molina, primeira gran descrición do antigo Reino de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.