Por E.P. | A CORUÑA | 22/04/2022 | Actualizada ás 18:03
A rede de bibliotecas municipais do Concello da Coruña acollerá a próxima semana varios talleres de banda deseñada no marco do Festival Primaletras, inaugurado o pasado día 21 de marzo no centro sociocultural Ágora e que estenderá a súa programación ata o próximo 21 de maio.
"Aproveitando datas sinaladas como o Día da Poesía, o Día do Libro e o Día das Letras Galegas, o festival busca achegar á cidadanía o talento literario consagrado e recoñecido da escena galega", explica o consistorio. Cada día da semana terá lugar un taller de cómic nalgunha das bibliotecas municipais, da man de profesionais da banda deseñada como Julia Lago e Santy Gutiérrez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.