Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2022 | Actualizada ás 13:33
Nunha carta con motivo da XXVII Xornada Interparroquial de solidariedade cos Parados, que se celebrará nos próximos días do mes de maio, o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, instou a loitar contra o desemprego facendo que "non prevalezan os propios intereses" sobre o "ben común".
"Se o traballo dignifica á persoa, habemos de concluír que a súa perda contribúe á deterioración da mesma na realización persoal", recolle a carta, na que recoñece que a solución a este problema non é fácil. "Pero, certamente, estariamos no camiño de atopala se fósemos quen de pór ás persoas no corazón, buscando que non prevalezan os propios intereses que non toman en conciencia o ben común", destaca.
No texto, o arcebispo sinala que "a liberdade humana desenvólvese e madura ao abrigo da austeridade responsable e tamén do sacrificio polos demais, tratando de construír a cultura do coidado común". Así mesmo, engade, "o coidado polos demais aviva a nosa intelixencia e todas as nosas capacidades para reconstruír as nosas sociedades e novas relacións económicas que non hipotequen o desenvolvemento".
Finalmente, monseñor Barrio mostra a súa solidariedade con quen atravesa por tan dura situación: "comparto os sentimentos de tantas familias cuxos membros están en paro e rezo por elas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.