Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2022 | Actualizada ás 14:55
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, inauguraron este xoves a xornada organizada polo Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) para conmemorar o 10º Día das nenas nas TIC.
No acto participaron máis de 1.200 estudantes de 27 centros escolares galegos. O obxectivo da iniciativa promovida pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) é lograr oportunidades profesionais para nenas e mulleres no sector do TIC.
Lorenzana indicou a "desigualdade" entre homes e mulleres no ámbito científico e tecnolóxico e que teñen traballo para "abrir as portas" á igualdade no sector. Pola súa banda, Argerey animou ás mozas a "aparcar" os prexuízos e estudar o que desexen. Tamén apuntou que se necesitan profesionais da ciencia e da tecnoloxía.
UN SECTOR CON POUCA PRESENZA FEMININA
Durante o acto achegáronse dato da Comisión Europea sobre a desigualdade existente no sector. Menos do 30% do sector TIC está formado por mulleres e só un 19% das persoas emprendedoras en Europa son mulleres.
Estes datos persisten nas matrículas en informáticas nas universidades españolas. Unicamente unha de cada tres persoas graduadas en ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas son mulleres. En Galicia o índice aumenta ao 35%. Por último, tamén se destacou a brecha de xénero no emprego en Galicia no sector das TIC. Soamente un 32,6% do emprego no sector é feminino.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.