PP, BNG e PSdeG piden para os buques galegos en augas internacionais a rebaixa de 20 céntimos en gasóleo

A iniciativa foi impulsada no Parlamemto polo Partido Popular.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/05/2022 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia reclamou, por unanimidade de todos os grupos, que se habiliten as medidas pertinentes para que os buques galegos e españois que faenan en augas internacionais ou fóra da zona económica exclusiva (ZEE) española "poidan ser beneficiarios da rebaixa dos 20 céntimos" cando boten combustible en portos estranxeiros coa mediación ou intervención directa de operadores loxísticos ou subministradores españois de hidrocarburos.

Barco palangreiro que faena no Pacífico oriental
Barco palangreiro que faena no Pacífico oriental | Fonte: MINISTERIO DE PESCA

Tamén por acordo dos tres grupos, sobre esta iniciativa impulsada pola deputada do PP Teresa Egerique, a iniciativa pide que "se articulen medidas efectivas para que esta bonificación no prezo do combustible non sexa de aplicación a buques que, baixo bandeira de conveniencia ou con estándares sociais, económicos ou ambientais inferiores á UE, poidan repor combustible en portos españois".

A iniciativa tiña un punto segundo, que neste caso só contou cos votos dos populares --e a abstención de BNG e PSdeG--, e que reclama que, unha vez que se cumpra a media respecto dos buques en augas foráneas, "tamén sexa de aplicación" a rebaixa no combustible aos buques que fagan de forma habitual descargas e aprovisionamento en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta