Por Europa Press / Redacción | VIGO | 06/05/2022 | Actualizada ás 10:34
O índice Xeral de Produción Industrial esborrallouse un 10% en marzo en Galicia en relación co mesmo mes de 2021, a que máis baixou de todo o Estado, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.
Con este descenso, Galicia situouse á cola de España, a pesar de que a produción industrial media nacional creceu unhas 1,1% grazas ao pulo de rexións como Illas Baleares (+15,9%), Estremadura (+9,1%) ou Navarra (+8,1%). Só Valencia (-3,8%), Cantabria (-5,6%), Castela e León (-7,3%) e Galicia (-10%) rexistraron un dato negativo.
No que vai de ano, a produción industrial galega reduciuse un 5,5%, sendo unha das tres comunidades onde caeu xunto con Castela e León (-7,6%) e Cantabria (-1,8%), a pesar de que no resto de España este dato incrementouse un 3,1%.
A nivel estatal, o Índice Xeral de Produción Industrial aumentou un 1,1% en marzo, taxa tres puntos inferior á do mes anterior, sempre segundo datos do INE.
Co avance de marzo, a produción industrial encadea cinco meses de taxas interanuais positivas despois dos incrementos do 5,5% e do 3,1% rexistrados en novembro e decembro de 2021, respectivamente, e os avances do 4,3% e do 4,1% experimentados en xaneiro e febreiro de 2022.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.