Morre unha persoa tras caer dun motocultor en Meaño

Segundo as primeiras informacións, bateu directamente coa cabeza contra o chan.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu este venres despois de caer dun motocultor e golpear a cabeza contra o asfalto no lugar de Picón, no municipio pontevedrés de Meaño. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon ás 12,00 horas deste venres e foi un particular quen contactou co servizo de emerxencias para alertar do accidente.

Tras iso, por parte do CIAE 112 solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar dos feitos, pero os efectivos médicos nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa. Os xestores do 112 Galicia tamén pasaron o aviso á Garda Civil, á Policía Local, aos Bombeiros do Salnés e ao GES de Sanxenxo.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta