Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/05/2022 | Actualizada ás 20:20
O persoal dos centros socioculturais do Concello de Santiago regresa á folga este mércores ante a falta de avances na negociación das condicións do persoal.
Despois da celebración de tres xornadas de folga durante as últimas semanas, os traballadores da rede municipal de centros socioculturas da capital galega convocan unha nova protesta para este mércores ás 10,30 horas fronte á sede do consistorio local.
"Tres días non lle parecen suficientes ao concelleiro Javier Fernández e ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo", sinala o comité, que advirte que o goberno municipal "xa empeza" a recibir críticas de usuarios polo peche de actividades "que están a pagar sen poder usar".
Insisten en que as súas demandas continúan "desatendidas" e piden respecto para o convenio como "única" vía para evitar despedimentos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.