Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/05/2022 | Actualizada ás 21:19
Asociacións e colectivos do sector do mexillón demandaron a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana, pola súa xestión do conflito da mexilla (cría do mexillón), que motiva a convocatoria dunha concentración este sábado en Santiago que coincidirá coa toma de posesión de Alfonso Rueda como novo Presidente da Xunta de Galicia.
O motivo da convocatoria, difundida este martes, é protestar contra a xestión da Xunta do conflito aberto entre bateeiros e percebeiros pola extracción de mexilla.
O sector pide a dimisión de Quintana e da directora xeral de Desenvolvemente Pesqueiro, Susana Rodríguez, ás que acusa de xerar "unha problemática que nunca existira en 70 anos de existencia de bateas" en Galicia.
Así as cousas, demandan a asunción de responsabilidades ao máis alto nivel no departamento de pesca da Xunta pola aprobación "duns plans que xeran graves prexuízos para o sector e que están baseados nuns informes que nunca puideron ser contrastados".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.