Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2022 | Actualizada ás 16:31
Afundación, a obra social de Abanca, enviou máis de cinco toneladas en doazóns de comida non perecedoira a bancos de alimentos locais.
Este donativo enmárcase no programa 'Cultura por alimentos', que consiste na contribución cun alimento con motivo da participación nos eventos gratuítos de Afundación.
O proxecto, comezado en setembro de 2021, apela á participación cidadá e responde o chamamento "solidario" dos bancos de alimentos.
Ademais, a iniciativa estendeuse a outras actividades con entrada e todos os centros e sedes de Afundación sumáronse ao proxecto.
Doutra banda, este programa compleméntase cunha serie de accións de visibilización para "favorecer" a interacción do público e conseguir un "impacto solidario de envergadura" coa cultura como pano de fondo.
De feito, os recipientes destinados á recolección de doazóns son caixas de madeira nas que se transportan obras de arte.
Para finalizar, as efemérides destacadas, como as conmemoracións de libros ou a infancia, tamén contan con propostas de intercambio específicos. Así, máis de mil exemplares de obras publicadas por Afundación poden ser adquiridas a cambio da doazón de alimentos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.