A carreira inclusiva Runki, protagonista do próximo documental de Jorge Coira

O filme estará producido por Vaca Films.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2022 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O cineasta Jorge Coira dirixirá un documental producido por Vaca Films sobre a carreira inclusiva Runki, coñecida como 'Carreira dos superheroes' e que se celebrará o próximo 5 de xuño na Coruña.

O traballo audiviosual dará a coñecer a historia das entidades que fixeron posible esta iniciativa, aberta a todas as persoas, que poden participar correndo, andando ou en vehículos adaptados.

A carreira está organizada por Enki, organización que traballa pola inclusión social a través do deporte; ADCAI, fundación destinada á axuda de nenos e nenas que sufrisen un Dano Cerebral Adquirido (DCA), e Marines Enki, colectivo coruñés de running adaptado.

As cámaras seguirán ás persoas protagonistas da carreira, que pasa polos puntos máis importantes da cidade herculina nun percorrido de 7 quilómetros de traxecto, pensado máis como un 'free tour' pola Coruña.

Presentación da carreira 'Runki'. ANDY PEREZ
Presentación da carreira 'Runki'. ANDY PEREZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta