Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2022 | Actualizada ás 19:16
O Colexio profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio Iniciativa Empresarial da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia ao videoxogo 'The Waylanders', creado pola compañía coruñesa Gato Salvaje Studio.
'The Waylanders' é un xogo de rol clásico inspirado en localizacións do norte do Estado, especialmente en Galicia, cun toque fantástico dos mitos celtas e o escurantismo dunha era medieval invadida por unha corrupción máxica. Ambientouse en distintos escenarios históricos como a torre de Hércules ou a Catedral de Santiago, ademais doutras contornas como Ézaro e Fisterra.
O proxecto desenvolveuse durante cinco anos. Aínda que inspirado nun xogo moi popular do inicio dos 2000, Dragon Age, 'The Waylanders' ten un estilo que destaca pola ambientación e a mitoloxía galegas, con toques de tema celta, de folclore, e apuntamentos medievais e de cristianismo moi arraigados en Galicia. Finalmente, saíu a venda en febreiro de 2022.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.