Por Galicia Confidencial | Ourense | 02/06/2022 | Actualizada ás 09:00
Este pasado venres, 27 de maio, inaugurouse en Ourense a clínica Lebrato e Grandío Hub Clinic. Ao acto acudiron autoridades políticas e sanitarias de ámbito local, provincial e autonómico para coñecer o novo concepto de sanidade baseada no coidado da saúde interior, exterior e estética das persoas.
Os doutores Ramón Lebrato e Miguel Grandío, artífices desta novidosa iniciativa emprendedora, presentaron o concepto Hub Clinic aos asistentes e realizaron un percorrido pola clínica. No transcurso do acto houbo ambientación musical a cargo da Banda de Gaitas "A Peniza" de Vilar de Barrio e como broche final hobo unha degustación gastronómica a cargo do chef Flavio Morganti, do restaurante Galileo.
En palabras de Ramón Lebrato: "Hub Clinic é un novo concepto de espazo sanitario que se centra nas persoas, e que ten como obxectivo coidar da súa saúde interior, exterior e estética". Pola súa banda, o outro socio, Miguel Grandío, dixo que "somos o primeiro centro Hub Clinic de Galicia, un lugar onde o paciente reláxase e goza desde que entra. Aquí enfocamos os seus problemas de saúde ou as súas inquietudes estéticas dunha forma global desde o inicio, porque buscamos un equilibrio entre o corpo san e o corpo belo".
SERVIZOS E ESPECIALIDADES
Esta clínica ofrecerá servizos nas especialidades de angiología e cardiovascular, otorrinolaringoloxía, traumatoloxía, dermatoloxía, nutrición, senología, xinecoloxía, uroloxía, androloxía, medicina estética e cirurxía estética. Tamén contará cunha Unidade da Dor e co labor dunha especialista en micropigmentación e microblading.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.